
[ 08/05/2008 ] O Karpin Galicia disputa este fin de semana a Clásica Internacional de Alcobendas cunha formación liderada por Ezequiel Mosquera. O ciclista de Teo participa nesta proba logo de disputar a Volta a Asturias e a Subida ao Naranco, competicións nas que uns problemas de alerxia non lle permitiron render ao seu mellor nivel, aínda que tampouco conseguiron crebar esa regularidade da que adoita facer gala.
Entrar

[ 07/05/2008 ] Gonzalo Rabuñal acabou sexto na xeral da Volta a Asturias, acuñando a súa mellor actuación no campo profesional e o seu equipo, o Karpin Galicia, cubriu outro capítulo notable no calendario de competición 2008. A rolda asturiana pechouse con triunfos portugueses con selo español, os dos equipos Liberty Seguros e LA Aluminios-MSS, protagonizados polo navarro Pablo Urtasun, gañador da última etapa, e o aragonés Ángel Vicioso, que se levou a xeral.
Entrar

[ 06/05/2008 ] O ciclista do Karpin Galicia Gonzalo Rabuñal alcanzou a terceira posición na etapa raíña da Volta a Asturias, dando a primeira mostra sería das súas posibilidades como ciclista no campo profesional. O equipo galego tamén tivo unha destacada actuación no plano colectivo, conseguindo o segundo posto na etapa por detrás do LA Aluminios-MSS, gran dominador da carreira, con tres dos seus corredores copando o podio e Ángel Vicioso como líder, logo de defender sen abafos a camisola amarela.
Fotos Volta a Asturias (Rafa Gómez)
Entrar

[ 05/05/2008 ] Pontevedra será a última localidade na que poida verse ata o próximo 13 de maio a exposición "120 anos de ciclismo galego", tras un percorrido de seis meses por unha vintena de municipios galegos. A mostra foi inaugurada na Biblioteca Municipal polo alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, nun acto que reuniu a destacados protagonistas da historia do ciclismo galego ou familiares máis directos.
Entrar

[ 04/05/2008 ] David García saíu do dobre sector da segunda xornada da Volta a Asturias ocupando a duodécima posición na xeral, como mellor corredor do Karpin Galicia. Ezequiel Mosquera, sobrepoñéndose ás secuelas da caída da primeira etapa, acabou decimo sétimo e espera que o final do martes no alto do Acebo lle brinde mellores oportunidades. Esta segunda xornada da rolda asturiana tivo tres protagonistas: Garzelli (Acqua & Sapone), que gañou ao sprint o sector matinal; Samuel Sánchez (Euskaltel - Euskadi), que se adxudicou o contrarreloxo da tarde, e Vicioso (A Aluminios - MSS), que perdeu o liderado no sector en liña pero recuperouno na contrarreloxo.
Entrar

[ 04/05/2008 ] Un encontro das "familias do ciclismo galego" e o I Festival - campionato do "Circuíto de ciclismo escolar" porán fin en Pontevedra ao programa "Ciclismo non meu concello" que veu celebrando a Fundación Ciclismo Galego / Karpin Galicia por unha vintena de concellos galegos ao longo dos últimos seis meses, en colaboración coa Dirección Xeral para o Deporte, a Federación Galega de Ciclismo, concellos, centros escolares e clubs locais.
Entrar

[ 03/05/2008 ] Descomunal golpe de autoridade do equipo portugués A Aluminios - MSS na primeira etapa da Volta a Asturias (Oviedo - Xixón, de 158,2 quilómetros), ao meter a catro dos seus corredores no quinteto que chegou a meta con 1-20 de vantaxe sobre un segundo grupo que encabezou David García, do Karpin Galicia, e no que tamén se atopaba o seu compañeiro de equipo Ezequiel Mosquera, sobrepoñéndose a unha espectacular caída. A etapa e o liderado foron para Vicioso e só o italiano Stefano Garzelli (Acqua & Sapone), segundo na chegada, puido ser testemuña presencial da exhibición do equipo luso.
Entrar

[ 02/05/2007 ] O Karpin Galicia disputará do 3 ao 7 a Volta a Asturias co mesmo equipo que participou o día 1 de maio na Subida ao Naranco: Ezequiel Mosquera, Delio Fernández, David García, Juan F. Mourón, Alejandro Paleo, Rabuñal, Ramón Troncoso e Isaychev. Os corredores adestraron por espazo de dúas horas na xornada do venres, ponte entre ao proba ovetense e a primeira etapa da rolda astur, baixo a dirección de José Angel Vidal. O secretario xeral da Consellería de Cultura e Deporte, Carlos Amoedo; e a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, seguirán ao equipo na primeira etapa da carreira asturiana.
Entrar

[ 01/05/2008 ] O ciclista do Karpin Galicia David García clasificouse en décima posición na Subida ao Naranco, proba coa que se abre a semana de ciclismo profesional en Asturias. A vitoria correspondeu ao tarraconense Xavier Tondo, enrolado no equipo portugués LA MSS, tras superar ao sprint ao vencedor do ano pasado, o navarro Koldo Gil, pertencente á tamén formación lusa Liberty Seguros, e ao gran favorito, o italiano Stefano Garzelli (Acqua & Sapone).
Entrar

[ 01/05/2008 ] A mostra fotográfica "120 anos de ciclismo galego" abrirá o próximo 5 de maio en Pontevedra a súa última exposición pública desde que o pasado 9 de novembro iniciase o seu intenso e exitoso percorrido por unha vintena de municipios da xeografía galega, dentro do programa "Ciclismo no meu concello". A apertura da exposición realizarase ás 17.00 horas no salón de actos da Biblioteca Municipal da cidade do Lérez e neste lugar poderá ser visita ata o próximo día 13.
Entrar

[ 01/05/2008 ] O Karpin Galicia estará por segundo ano consecutivo na saída da Volta a España, que este ano arrincará desde Granada e disputarase entre o 30 de agosto e o 21 de setembro. Despois do bo rendemento na pasada edición da rolda española, os técnicos do equipo estaban moi esperanzados en poder entrar na relación de invitados á edición do 2008; aínda así, a noticia foi recibida con gran satisfacción no seo da escuadra galega.
Entrar

[ 30/04/2008 ] O escenario de competición para o Karpin Galicia, tras a Volta á Rioxa, sitúase en terra astur, onde disputará o 1 de maio a Subida ao Naranco e do 3 ao 7 a Volta a Asturias. Para o periplo por terras do Principado o equipo galego disporá do seu mellor escalador, Ezequiel Mosquera, e do recente gañador da Volta a Turquía, David García, como principais referencias. Ambos estarán escoltados por Delio Fernández, Juan Francisco Mourón, Alejandro Paleo, Gonzalo Rabuñal, Ramón Troncoso e Vladimir Isaychev.
Entrar

[ 27/04/2008 ] O Karpin Galicia finalizou a Volta á Rioxa con Iban Mayoz e Eduard Vorganov situados nos postos noveno e décimo dunha clasificación xeral que levou Manuel Calvente (Contentpolis - Murcia), logo de ser segundo na etapa, por detrás de Sergio Pardilla (Burgos Monumental). Estes dous corredores, co sueco Niklas Axelsson (Serramenti PVC), acapararon o podio final. O trío logrou culminar con oito segundos de vantaxe unha escapada iniciada a cen quilómetros de meta. Gonzalo Rabuñal foi o terceiro ciclista do Karpin Galicia na xeneral, no posto décimo terceiro.
Entrar

[ 26/04/2008 ] A conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo, acompañada pola directora xeral para o Deporte, Marta Souto, recibiu a unha representación do Karpin Galicia con motivo da recente vitoria do equipo ciclista profesional galego na Volta a Turquía. Ao acto asistiron o gañador da carreira, David García, e os seus compañeiros Alejandro Paleo e Delio Fernández, con Xosé Anxo Vidal, que dirixiu con moito tento ao equipo na rolda turca, e Álvaro Pino, máximo responsable deportivo do Karpin Galicia.

[ 26/04/2008 ] O ciclista do Karpin Galicia Iban Mayoz foi sexto na segunda etapa da Volta á Rioxa, disputada entre Lardero e Santo Domingo da Calzada, sobre 154,6 quilómetros, e é sétimo na xeneral, co mesmo tempo que o líder, o francés Anthony Geslin (Bouygues Telecom). A vitoria de etapa foi para Diego Milan (Acqua Sapone). O Karpin Galicia tamén subiu a Vorganov ao noveno posto, da etapa e da xeral, e outros tres corredores do equipo galego atópanse en posicións punteiras: Rabuñal (undécimo), Veloso (duodécimo) e Gustavo Domínguez (décimo terceiro).
Entrar




© Fundación Ciclismo Galego
Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web
RSS: Novas Axenda | Que é o RSS?